ANTECEDENTES:
Ante a necesidade de prestar unha atención persoal e patrimonial especializada ás persoas maiores de idade, incapacitadas xudicialmente, e das que os Xuíces atribúen a súa tutela á Xunta de Galicia, no ano 1996 a través das Consellerías competentes en materia de servizos sociais, a Xunta de Galicia creou a Fundación Galega para a Tutela de Adultos (FUNGA).
A Fundación foi clasificada como mixta por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 19 de decembro de 1996 e adscrita o Protectorado de antedita Consellería. Foi declarada de interese galego por Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de xaneiro de 1997 e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego có número 1996/14. Por Orde do 21 de marzo de 2006 se modifica a clasificación da Fundación Galega para a Tutela de Adultos e se adscribe á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia como departamento competente para o exercicio das funcións de protectorado.
O 7 de xullo de 2006 o Padroado da Fundación, acordou a modificación dos Estatutos Fundacionais, có fin de adaptalos a nova Lei 12/2006 do 1 de decembro, de Fundacións de Interese Galego. Esta modificación foi aprobada polo Consello da Xunta, e foi elevada a documento público en data 22 de marzo de 2007.
A modificación, comprende o cambio de denominación – Fundación Galega para o Impulso da Autonomía Persoal e a Atención ás persoas en situación de Dependencia (FUNGA) - , ampliación dos fins e cambio na estructura dos órganos de goberno e directivos.
A FUNDACIÓN:
A “Fundación Galega para o Impulso da Autonomía Persoal e a Atención ás Persoas en Situación de Dependencia”, é unha entidade constituída pola Xunta de Galicia, de interese galego, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia que ten afectado de modo duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se expoñen polo miúdo no artigo 7 dos seus Estatutos.
Réxime xurídico.
A Fundación rexese :
• Polos seus Estatutos,
• polos Regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades,
• polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto:
• pola Lei do Parlamento de Galicia 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego,
• Decreto 248/1992 de 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego,
• a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de Actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación,
• e pola normativa de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, ou no seu caso, as disposicións que as substitúan.
Así mesmo, tamén se rexerá:
polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 50/2002, do 26 de decembro, de Fundacións e polas normas regulamentarias que a desenvolvan,
polas disposicións da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado,
e polas normas do Real Decreto 1270/2003, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación do réxime fiscal das entidade sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado,
así como polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan de aplicación.
DOMICILIO
A FUNGA ubícase no Concello de Santiago de Compostela.
A súa sede fundacional atópase no Edificio Administrativo San Caetano.
As oficinas do equipo técnico sitúanse de xeito provisional na Rúa Salgueiriños
de Abaixo,15B - baixo en Santiago de Compostela.