FUNDACION GALEGA PARA O IMPULSO DA AUTONOMIA PERSOAL E A ATENCIONAS PERSOAS EN SITUACION DE DEPENDENCIA.

logotipo da FUNGA

A INCAPACIDADE CIVIL.

A incapacidade é unha situación de feito, causada polo padecemento dunha enfermidade ou deficiencia física ou psíquica, de carácter permanente, que impida a persoa gobernarse por si mesma.
A incapacidade, limita a capacidade de obrar da persoa; e dicir a imposibilita para exercitar dereitos e cumprir obrigacións (non pode por exemplo firmar contratos de compraventa ou arrendamento), sen embargo non limita a súa capacidade xurídica e dicir a capacidade para ser titular de dereitos e obrigacións (por exemplo pode ser propietario dunha vivenda ou pode ser declarado herdeiro).
Para protexer a estas persoas que non posúen unha vontade conscente e libre, nin suficiente discernimento para adoptar decisións axeitadas na esfera persoal, e na administración dos seu bens, a lei creou a declaración de incapacidade.
A declaración de incapacidade debe entenderse con una figura protectora, pois a súa finalidade é a de sustituir ou completar a falta de capacidade das persoas declaradas incapaces, e que así a través dos seus representantes legais poidan actuar en tódalas esferas da súa vida coa debida asistencia.
A incapacidade so pode ser declarada por Sentencia Xudicial, despois da súa tramitación ante o Xulgado de 1ª Instancia do lugar de residencia do presunto incapaz.
O procedemento xudicial a través do que se procede a declaración de incapacidade ven recollido nos artigos 756 a 762 da Lei 1/2000 de 7 de xaneiro de Axuizamento civil.

INSTITUCIÓN DE GARDA E PROTECCIÓN DO INCAPAZ (artigos 215 a 313 do Código Civil)

Declarada a incapacidade, se procederá a nomear polo Xuíz a persoa/s ou entidade que a vai a representar. As figuras de protección dos incapaces que ven recollidas no noso ordenamento xurídico son as seguintes:

A Tutela.
A Curadoría.
O Defensor Xudicial.
A Patria Potestade prorrogada ou rehabilitada.
A garda de feito.



TUTELA. (art 222 a 285 Cc)

A tutela é a institución de garda que procede cando se declara a incapacidade total dunha persoa para rexer a súa persoa e os seu bens.
Estarán suxeitos a tutela:
• Os menores non emancipados que non estean baixo a patria potestade.
• Os incapacitados, cando a sentencia o estableza.
• Os suxeitos a patria potestade prorrogada, o cesar ésta, salvo que proceda a curadoría.
• Os menores que estean en situación de desamparo.

O xuíz constituirá a tutela previa audiencia dos parentes mais próximos, das persoas que considere oportuno e, en todo caso, do tutelado si tivera suficiente xuízo.
Para o nomeamento de titor se preferirá:
1. O designado polo propio tutelado, antes de declararse a súa incapacidade, en escritura pública ou notarial.
2. O cónxuxe que conviva có tutelado.
3. Os pais.
4. Á persoa ou persoas designadas por estes nas súas disposicións de última vontade.
5. O descendente, ascendente ou irmán que designe o Xuíz.

O xuíz poderá alterar a orde anterior ou prescindir de tódalas persoas nela mencionadas, se o beneficio do incapaz así o exixera.
A falta das persoas mencionadas anteriormente, o Xuíz nomeará titor a quen polas súas relacións có tutelado e en beneficio deste, considere mais idóneo.
Para que unha persoa poida ser titor, é preciso que teña plena capacidade de obrar e estea en pleno uso dos seus dereitos civís.
As persoas xurídicas tamén poden ser titores, sempre que non teñan finalidade lucrativa e que entre os seus fins figure a protección de incapacitados.
Nos artigos 243 a 247 do Código civil establécense uns casos determinados que imposibilitan as persoas para exercer o cargo de titores.
O titor unha vez nomeado deberá tomar posesión do seu cargo ante a Autoridade Xudicial.
O titor é o representante legal do tutelado
correspóndelle velar por el, a protección da súa persoa e a administración do seu patrimonio. Estas funcións as exerce baixo a supervisión do Xuíz e do Ministerio Fiscal.
Sen embargo as atribucións do titor non son absolutas, e dicir o titor necesita autorización xudicial para realizar determinadas actuacións en nome do tutelado.

Estas están recollidas de forma taxada no artigo 271 do Código Civil:

• Internar o tutelado nun establecemento de saúde mental ou de educación ou formación especial.
• Allear ou gravar bens inmobles, establecementos mercantís ou industrias, obxectos precioso e valores mobiliarios do incapacitados, ou celebrar contratos ou realizar actos que teñan carácter dispositivo e sexan susceptibles de inscrición. Se exceptúa a venda do dereito de suscripción preferente de accións.
• Para renunciar dereitos, así como transixir ou someter a arbitraxe cuestións nas que o tutelado estivese interesado.
• Para aceptar sen benéfico de inventario calquera herdanza (consultar a Lei de dereito Civil Galega), ou para repudiar esta ou as liberalidades.
• Para facer gastos extraordinarios nos bens.
• Para entablar demanda en nome dos suxeitos a tutela, salvo no asuntos urxentes ou de escasa contía.
• Para ceder bens en arrendamento por tempo superior a seis anos.
• Para dar e tomar diñeiro a préstamo.
• Para dispoñer a título gratuíto de bens ou dereitos do tutelado.
• E para ceder a terceiros os crédito que o tutelado teña contra el, ou adquirir a título oneroso os créditos de terceiros contra o tutelado.
O tutelado debe respeto e obediencia ó titor. Os titores poderán, no exercicio do seu cargo, recabar o auxilio da autoridade xudicial.
O titor ten a obriga de facer inventario dos bens do tutelado, de informar anualmente o Xulgado da situación persoal e patrimonial do tutelado e o falecemento facer unha rendición final de contas.
A tutela dos incapcitados maiores de idade se extingue:
• Polo falecemento da persoa sometida a tutela ou do seu titor.
• Ó dictarse a resolución xudicial que poña fin a incapacitación ou que modifique a sentencia de incapacitación en virtude da que se substitúe a tutela pola curatela.

CURADORÍA (arts 286 a 298 Cc)

Esta institución de garda se establece cando a persoa é declarada parcialmente incapaz, é dicir a persoa conserva certo grado de autonomía e autogoberno que lle permite adoptar certas decisións sobre a súa vida ou os seus bens. Nestes casos o que fai o curador, e completar a falta de capacidade do incapaz nos actos que non poida realizar por si mesmo, a diferencia do que ocorre na tutela que o que se fai e suplir esa falta de capacidade. A curatela dos incapaces ten por obxecto a asistencia do curador ó incapaz, para aqueles actos que expresamente impoña a sentencia que a estableceu. Se a sentencia non especificase os actos nos que deba ser necesaria a intervención do curador, entenderase que estes actos serán os mesmos nos que os titores precisan autorización xudicial. En canto ás persoas e institucións que poden ser curadores, as causas que impiden ser curador, as escusas para o exercicio da curatela, e as obrigas e dereitos que supón o cargo, son as mesmas que para o titor.

O DEFENSOR XUDICIAL. (arts 299 a 302 Cc)

O defensor xudicial e unha figura de garda que se caracteriza pola súa actuación provisional e transitoria. Representa, o no seu caso, asiste o incapaz en situacións nas que non poden facelo os seu titores ou curadores ou estes aínda non existen.
O Xuíz nomeará defensor xudicial a aquela persoa o institución que estime mais idónea. O defensor xudicial terá as atribucións que lle conceda o Xuíz, e deberá renderlle contas unha vez finalizada a súa xestión.
Casos nos que procede o nomeamento dun defensor xudicial:
• Cando nalgún asusto exista un conflicto de interese entre o incapacitado e os seu representantes legais ou o curador.
• No suposto de que por calquera causa, o titor ou o curador non desempeñe a súas funcións hasta que cese a causa determinante ou se nomee outra persoa para desempeñar o cargo.
• Durante o procedemento xudicial de incapacitación, o Ministerio Fiscal actuará como defensor xudicial do presunto incapaz, asumindo a súa representación e defensa. Nos casos nos que o propio Ministerio Fiscal inicio o procedemento, se o presunto incapaz non comparece no prazo establecido, e lle nomeará un defensor xudicial que o represente en xuízo mediante procurador, e asuma a súa defensa a través dun abogado.

A PATRIA POTESTADE PRORROGADA OU REHABILITADA. (artigo 171 Cc)

A patria potestade prorrogada se produce cando un menor incapacitado xudicialmente, que convive cós seus pais, alcanza a maioría de idade.
A patria potestade rehabilitada se produce no caso dos fillos, maiores de idade, solteiros, que convive cós seu pais e fosen incapacitados.
A patria potestade nestes dous casos se exercerá con suxeición o disposto na resolución de incapacidade e subsidiariamente pola regras do Código Civil do Titulo VII.
A patria potestade prorrogada terminará:
• Pola morte o declaración de falecemento de ambos padres ou do fillo.
• Pola adopción do fillo.
• Por declararse a cesación da incapacidade.
• Por contraer matrimonio o incapacitado.
Se o cesar a patria potestade prorrogada subsistira o estado de incapacitación, constituirase a tutela ou a curadoría, segundo proceda.

A GARDA DE FEITO. (arts 303, 304 e 306)

A garda de feito é unha figura protectora escasamente regulada no noso ordenamento xurídico.
A garda de feito se produce cando unha persoa, sen estar nomeada polo Xuíz, asume a protección da persoa e dos bens dun incapaz.
A autoridade xudicial poderá requirirlle o gardador de feito para que informe da situación da persoa ou dos bens do presunto incapaz e da súa actuación en relación cós mesmos, podendo establecer as medidas de control e vixilancia que considere oportunas.
Os actos realizados polo gardador de feito en interese do presunto incapaz, non poderán ser impugnados si redundan na súa utilidade.