Posta en marcha dun programa de voluntariado social na Funga

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (FUNGA) están a colaborar para poñer en marcha un programa de voluntariado social. O principal obxectivo deste programa de voluntariado será suplir a carencia afectiva e posibilitar unha mellor atención persoal a aqueles pupilos da FUNGA cuxo apoio sociofamiliar sexa moi reducido ou nulo a través da actividade de acompañamento.

Os beneficiarios directos deste programa de voluntariado serán as persoas que se atopen baixo a protección desta Fundación e que, residindo nos seus domicilios ou estando ingresados nun centro sanitario, non conten co apoio sociofamiliar preciso, constituíndo a propia comunidade o beneficiario indirecto deste programa.

Ler máis...

Galicia

 Capacidade xurídica
 Procesos selectivos
 Perfil do contratante