Saúda

Beatrox Mato OteroUnha das tarefas máis delicadas ás que facemos fronte desde as Administracións Públicas, concretamente desde a Consellería de Traballo e Benestar, refírese á  tutela e protección daquelas persoas adultas coa capacidade de obrar modificada xudicialmente. Desde o ano 1996, a  Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (FUNGA), como ente especializado nesta materia, garante a correcta abordaxe destes casos por parte da Xunta de Galicia.

Estamos ante casos especiamente sensibles, que requiren non só dun correcto tratamento a nivel xudicial, senón, e de xeito prioritario, dunha atención de calidade desde o punto de vista social e humano. Aspecto, este último no que desde esta Fundación seguiremos traballando día a día.

A través desta páxina web, desde a Consellería de Traballo e Benestar queremos achegar toda a información sobre o funcionamento e posibles beneficiarios dos servizos que presta esta Fundación a todas as persoas interesadas na mesma.

Co desexo de que sexa de utilidade,

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Galicia

 Capacidade xurídica
 Procesos selectivos
 Perfil do contratante