Qué e a FUNGA?
A Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica é unha entidade pública, constituída pola Xunta de Galicia, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, declarada de interese galego e co seu patrimonio afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral que se conteñen no artigo 6 dos seus Estatutos.
Ten carácter permanente, duración indefinida e o seu ámbito territorial principal de actuación é o da Comunidade Autónoma de Galicia.
Perfil do contratante
Sempre buscando o ben dos nosos
O obxectivo principal da Fundación é a protección xurídica e social das persoas maiores de idade e en situación de desamparo.
A FUNGA naceu no ano 1996, agora denominada Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica, ante a necesidade de prestar unha atención persoal e xurídica especializada ás persoas maiores de idade cuxa capacidade de obrar foi modificada xudicialmente ou que estean incursas nun procedemento de modificación da súa capacidade de obrar.
Foi clasificada como mixta por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 19 de decembro de 1996, declarada de interese galego por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 10 de xaneiro de 1997 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 1996/14. Por orde do 21 de marzo de 2006 modificouse a clasificación definíndose como benéfico-social.