Fins

O obxectivo principal da Fundación é a protección xurídica e social das persoas maiores de idade e en situación de desamparo que teñan a súa capacidade de obrar modificada ou que se atopen incursas nun proceso xudicial de modificación da súa capacidade de obrar, a través do exercicio da tutela, curadoría, defensa xudicial ou administración de bens.

Tal obxectivo acadarase mediante o cumprimento dos fins de interese xeral que aparecen recollidos no artigo 6 dos estatutos da Fundación:

1. A protección xurídica, patrimonial e social das persoas maiores de idade coa capacidade de obrar modificada ou incursas nun proceso xudicial de modificación da capacidade de obrar, que se atopen en situación de desamparo, mediante:

a) A atención e o exercicio da tutela e curadoría encomendadas á Fundación pola autoridade xudicial.

b) A asunción de defensas xudiciais nos procesos de modificación da capacidade de obrar, así como o exercicio de cantas funcións determine a autoridade xudicial en medidas provisionais de defensa e protección persoal e patrimonial das persoas coa capacidade de obrar modificada e en situación de desamparo.

c) Administrar os bens da persoa tutelada, de conformidade co disposto pola autoridade xudicial, actuando no seu beneficio baixo os principios de prudencia, conservación e mellora conforme ao previsto no Código Civil.

2. Facilitar o acceso ás actividades de asistencia, prevención, rehabilitación, reinserción, integración socio- laboral e formación, que favorezan a súa integración na comunidade.

3. Promover a realización, sexa directa ou indirectamente, de programas que faciliten o desenvolvemento social das persoas tuteladas.

4. Orientar e asesorar ás persoas que exerzan funcións tutelares e, en xeral, a todas aquelas persoas que demanden información.

5. Participar na formación de profesionais relacionados cos servizos sociais de atención ás persoas con capacidade de obrar limitada.

6. Fomentar actividades de carácter educativo, técnico, científico e cultural no ámbito da protección xurídica e social  das persoas maiores de idade coa capacidade de obrar modificada.

7. Impulsar actividades de divulgación e  sensibilización social para fomentar o respecto aos dereitos das persoas maiores de idade coa capacidade de obrar limitada e a súa maior integración e normalización na sociedade.

8. Fomentar accións de patrocinio, solidariedade e financiamento no ámbito da tutela de adultos por parte de empresas e entidades públicas e privadas.

Galicia

 Capacidade xurídica
 Procesos selectivos
 Perfil do contratante