Qué e a FUNGA?

A Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica é unha entidade pública constituída pola Xunta de Galicia, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, declarada de interese galeguista e co seu patrimonio destinado de forma permanente á consecución dos fins de interese xeral contidos no artigo 6 dos seus Estatutos.

Ten carácter permanente, duración indefinida e o seu ámbito territorial principal de actuación é o da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sempre buscando o ben dos nosos

O obxectivo principal da Fundación é a protección xurídica e social das persoas maiores de idade e en situación de desamparo.

A FUNGA fundouse no ano 1996, hoxe coñecida como Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da Capacidade Xurídica, en resposta á necesidade de prestar asistencia persoal e xurídica especializada a persoas maiores cuxa capacidade xurídica foi modificada ou que están incursas nun procedemento de modificación da súa capacidade xurídica.

Foi clasificada como mixta por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 19 de decembro de 1996, declarada de interese galego por Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 10 de xaneiro de 1997 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 1996/14. Por orde do 21 de marzo de 2006 modificouse a clasificación definíndose como benéfico-social.